Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/90-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Lago e Santa Comba.

Situación: Maside, O Carballiño.

Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56. 1ª: L.M.T. Reguenga-Lago, de 975 metros de lonxitude, con orixe na liña Alb. 8.02 e remate en apoio proxectado tipo H.V.H.-2.500/13 que se vai colocar na L.M.T. ó C.T. Lago. 2ª: L.M.T. ó C.T. Lago, de 567 metros, con orixe en apoio nº A-37-33 tipo C-2.500/13 das LL.MM.TT. existentes nos CC.TT. Alén e Balteiro e remate no C.T. Lago. 3ª: L.M.T. ó C.T. Amarante, de 149 metros, con orixe en apoio nº 1 da L.M.T. Reguenga-Lago e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Amarante. 4ª: L.M.T. ó C.T. Reviñas, de 318 metros, con orixe en apoio tipo 2A/12 da L.M.T. Alb. 8.02 e remate no C.T. proxectado con 100 kVA, 20.000/380-220 V de Reviñas. R.B.T. do C.T. Lago, do C.T. Amarante, do C.T. Reviñas e do C.T. Santa Comba, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4124