Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 22 de xuño de 1998 Páx. 6.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/84-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Paio.

Situación: Castrelo do Val.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 1.635 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio existente tipo Pino 3T s/n da L.M.T. Pepín-Servoi-Fontefría e remate no C.T. proxectado con 25 kVA, 20.000/380-220 V en San Paio. Rede de baixa tensión aérea do C.T. de San Paio.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 14 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4123