Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Abelaira.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 640 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio existente na L.M.T. Palmes-Cabeanca e remate no C.T. aéreo existente en Castro-Radio. C.T. non prefabricado con 160 kVA, 20.000/380-220 V en Abelaira. Redes de baixa tensión en Abelaira, Castro-Abele, Beiro e Castro-Radio.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 14 de abril de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
4129