Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de maquinaria destinada ós servicios agropecuarios da deputación.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno, na sesión do día 5 do actual, convócase concurso para a adquisición da seguinte maquinaria, destinada ós servicios agropecuarios desta deputación:

Unha lavadora de auga fría a presión, 240.000 ptas.- Unha rozadora profesional, 200.000 ptas.- Un pulverizador de mochila, 90.000 ptas.- Unha cisterna porta-xurros, 540.000 ptas.- Unha motoixada 115.000 ptas.- Un tractor, 2.500.000 ptas.- Un remolque, 415.000 ptas.- Unha furgoneta (entregarase a furgoneta OR-5776-G), 2.300.000 ptas. En tódolos prezos enténdese incluído o IVE.

As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación do anuncio e bases no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, computándose a partir da última publicación, e a apertura de plicas realizarase no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte, agás sábados.

Don/a..., con domicilio en..., DNI núm..., no nome propio (ou na representación de..., segundo acredita con..., informado/a do expediente e condicións para contrata-lo abastecemento que se indica da Deputación de Ourense, anunciadas no..., con data do..., comprométese ás prestacións que se expresan, polos prezos que se sinalan: concepto: lote... maquinaria... tipo de licitación... pesetas, baixa que se ofrece ou prezo ofertado... Lugar, data e sinatura.

O sobre presentarase pechado no rexistro xeral da deputación e poderá estar lacrado ou precintado. Figurará nel a seguinte inscrición: «Proposición económica para tomar parte no concurso do abastecemento de maquinaria para as explotacións agrícolas da deputación, lote nº... (ou lotes números...)». Indicará, así mesmo, a empresa licitadora.

As características da maquinaria e demais datos figuran no prego de condicións que se publica íntegro no BOP de Ourense, do 10 de xuño.

Ourense, 10 de xuño de 1998.

O presidente

Rubricado

4773