Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.936

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 16 de abril de 1998, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación para comparecer.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentada notificación ó interesado ou o seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a continuación, sendo órgano responsable de tramitación dos citados actos, a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Julio, nº 1 de Oviedo.

Suxeito pasivoConcepto/Oxj. tributario

9.355.421 X Álvarez Fernández, Simón Ig.S.Exp.: 1996/LU-87

9.374.124 Z Inclán Zamora, Luis ManuelS.Exp.: 1995/DG331

B 33.374.505 Madicor, S.L.S.Exp.: 1996/LU218

En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, no horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación de Oviendo da Axencia Tributaria, rúa 19 de Julio, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo advírteselles ós interesados que, de non comparecer no mencionado prazo, a notificación se entenderá producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 16 de abril de 1998.

Mª Teresa Pisano Avello

Xefa da Dependencia de Recadación de Oviedo

3396