Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 22 de maio de 1998, a proposta de modificación puntual nº 1 e 2 das normas subsidarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto polo artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público, o expediente nas oficinas municipais polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto inserirase no DOG e no BOP de Pontevedra, así como nun xornal dos de maior tiraxe de Galicia, o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 28 de maio de 1998.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde

5714