Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

«O Pleno Municipal deste concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 3 de xuño de 1998, acordou prestar aprobación inicial ó expediente de modificación puntual das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal entre as rúas número 8, avenida de Luis Rocafort e paseo da praia de Silgar de Sanxenxo.

Exponse o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que durante este período poida ser examinado e presentarse as alegacións que procedan.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 120 do Regulamento de planeamento urbanístico suspéndese o outorgamento de licencias para a área do territorio obxecto da modificación.

O que se fai público para os efectos legais oportunos».

Sanxenxo, 4 de xuño de 1998.

J. Luis Rodríguez Lorenzo

Alcalde

5430