Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 1998 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación urxente para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-recreativas do porto de Pedras Negras. (Expediente 13-08-98-C01).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número do expediente: clave: 13-37-98-C01

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión de explotación das instalacións náutico-recreativas do porto de Pedras Negras.

b) Lugar da concesión: porto de Pedras Negras. San Vicente do Mar-O Grove (Pontevedra).

c) Prazo da concesión: cinco (5) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación : urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma : concurso.

4. Canon de explotación: o especificado no prego de bases.

5. Garantías.

Provisional: 50.000 ptas.

6.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15007.

d) Teléfono: 981 54 45 02.

e) Telefax: 54 53 37.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A-6º (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco (45) días desde a apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6º (Área Central).

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

5331