Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.933

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador en materia de réxime de v.p.o. E.S. OR-11/98 devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de ini

ciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do Servicio Xurídico-Administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusadas en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións estimen convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 18 de maio de 1998.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S. OR-11/98.

Presunto responsable: promotora O Chao S.L.

NIF: B-32.153.215.

Último enderezo coñecido: rúa Constitución, nº 6-32300. O Barco de Valdeorras.

Feitos imputados: neglixencia na edificación de vivendas de protección oficial que dean lugar a vicios ou defectos nelas.

Precepto sancionador: Art. 6.1º e) da Lei 13/1996, do 30 de decembro.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción: 750.000 ptas. de multa e a obriga de face-las reparacións necesarias.

5431