Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Cuerpo Consular de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron despositados a acta de constitución e mailos estatutos da asociación Cuerpo Consular de Santiago de Compostela, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó dito corpo consular todo cónsul ou funcionario consular que posúa o correspondente exequátur consular expedido polo Ministerio español de Asuntos Exteriores.

Asinan a acta de constitución Luis Vázquez, cónsul xeral da República de Cuba en Galicia, Mª del Rosario Porto Ortega, consulesa honoraria de Francia en Santiago, José Castro Balarezo, cónsul honorario de Perú en Galicia e Elías Lamelas Fariña, cónsul honorario da República de Filipinas en Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5480