Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Federación Gallega de Academias Privadas, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denominará Federación Galega de Academias.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1971, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación expedida polo secretario xeral da dita federación Guillermo García Sanjiao, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado por maioría na asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 21 de febreiro de 1998, consistente na modificación dos seus estatutos así como a súa nova denominación, que no sucesivo, será Federación Galega de Academias.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

5476