Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.930

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público para a subministración de dez (10) vehículos todo terreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

c) Número de expediente: 98/012/0732.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: vehículos todo terreo con destino ós servicios da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: dez (10) vehículos.

c) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

d) Plazo de entrega: trinta (30) días contados a partir do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: trinta e un millóns cincocentas mil pesetas (31.500.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5, 2ª, Santiago de Compostela, 15771).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de publicación.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

5306