Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencia segundo a Orde do 17 de decembro de 1997, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Servicios de consultoría e asistencia para a organización e montaxe dos stands institucionais en diversos certames feirais da Comunidade Autónoma de Galicia que se van celebrar en 1998: Expomar (Burela), Salimat (Silleda), Fexdega (Vilagarcía de Arousa), Expobarbanza (Ribeira), Sapromar (Vigo) e Feiramar (O Grove).

Adxudicatario: Mª Dolores Martínez Vaza de Rey, S.A.

Importe: 8.000.000 de ptas.

Data de adxudicación: 13 de maio de 1998.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 199 do regulamento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

P.D. (Orde 17-12-1997)

Juan José Alvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5313