Visto o expediente de caducidade instruído á licencia e concesión administrativa da granxa de cultivo de rodaballo, sita na Graña, Couso, Ribeira, da que é titular Ricoy-Mar, S.A.
Resultando que con data do 11-2-1996 foi ordenada pola Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña a incoación do expediente de caducidade da devandita con
cesión por incumprimento das normas que regulan o título da concesión e por levar inactiva a granxa mariña un tempo superior a dous anos.
Resultando que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor e secretario lle foi remitido ó interesado con data do 18-9-1996 sendo devolta a notificación polo servicio de correos.
Resultando que con data do 15-10-1996 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario do dito expediente e con data do 3-10-1996 foi exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido da sociedade Ricoy-Mar, S.L. sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.
Considerando que segundo informe dos inspectores da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura con data do 10-7-1996 o establecemento non se encontraba en explotación, atopándose as naves en estado de semiabandono, sendo a causa de caducidade das consideradas nos artigos 56.3º e 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito, segundo informe emitido polo xefe do Servicio Técnico Xurídico.
Visto a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o Regulamento xeral para desenvolvemento e execución da Lei 22/1998, do 28 de xullo, de costas (BOE nº 297, do 12-12-1989), a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e demais disposicións de pertinente aplicación.
Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente acorda, no exercicio das súas atribucións e compentencias, extingui-la licencia e concesión administrativa da granxa de cultivo de rodaballo titularidade de Ricoy-Mar, S.A. que ten as seguintes características:
Establecemento: granxa mariña.
Localización: A Graña, Couso, distrito marítimo de Ribeira.
Actividade: engorde de rodaballo.
Superficie:
Dominio privado: o autorizado no proxecto nº 5.702.
Dominio público: 127 m para os tubos de toma de auga de mar e desaugadoiros.
Data da concesión: 7-12-1987 (DOG nº 235).
Fin da vixencia: 8-12-1997.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción
contencioso administrativa, do 27 de decembro de 1956.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Mariqueo e Acuicultura
5310