Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de maio de 1998 pola que se declara caducada a concesión administrativa da batea denominada X número 2 correspondente á cuadrícula número 65 do polígono Cambados A, titularidade de José Carrero Nine.

Visto o expediente incoado a José Carrero Nine (finado), na súa condición de titular do seguinte establecemento:

Nome da batea: X nº 2.

Cultivo autorizado: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 65 do polígono Cambados A.

Orde de outorgamento: O.M. do 3-11-1961 (BOE nº 276).

Vixencia: 18-11-1966.

Resultando que con data do 2-5-1997 a Delegación Territorial de Vigo acordou o inicio do expediente de caducidade da citada concesión pola seguinte causa:

Vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase a prórroga.

Resultando que o citado acordo de incoación do expediente de caducidade lles foi enviado ós interesados (herdeiros do concesionario inicial) con data

do 23-6-1997 para que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.

Resultando que as alegacións formuladas non desvirtúan as causas de caducidade recollidas no artigo 72 c), da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme a dereito.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, no exercicio das súas atribucións e competencias,

RESOLVE:

Extingui-la concesión que a continuación se relaciona, outorgada a José Carrero Nine.

Nome da batea: X nº 2.

Cultivo autorizado: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 65 do polígono Cambados A.

Orde de outorgamento: O.M. do 3-11-1966 (BOE nº 276).

Vixencia: 18-11-1966.

A presente resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá o interesado interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no arigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

5307