Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 18 de maio de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Dosil.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 4067/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Dosil.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 47 O Grove A.

Data da concesión: 25-2-1965.

Data do remate da última prórroga: 11-3-2005.

Anteriores concesionarios: Mascato Domínguez, Manuel (35.371.145) e Guillán González, Dolores (35.352.119).

Novos titulares concesión: Conde Raño, Obdulia (78.784.298); Conde Raño, Mª Carmen (33.259.838); Conde Raño, Santiago (33.209.900); Conde Raño, Telmo (33.221.754); Silva Castro, José-Luís (33.266.095); Angueira Eiras, Andrés-Manuel (35.441.941) e Sánchez Brión, Mª Josefa (76.506.960).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 18 de maio de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG 134 do 10-7)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

5311