Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.864

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 173/1998, do 18 de xuño, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Con motivo da viaxe do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a Hispanoamérica, é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.- Durante a ausencia do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, con motivo da súa

viaxe a Hispanoamérica, encárgaselle o despacho de asuntos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, desde o día 20 de xuño, ata o seu regreso, ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, dezaoito de xuño de mil novecentos noventa e oito.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Presidente en funcións

(Decreto 170/1998, do 15 de xuño, DOG do 16)

5270