Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de maio de 1998 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado San José, de Lugo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado San José de Lugo, no que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que Misioneras Siervas de San José lle ceden a súa titularidade, para tódolos efectos, á Fundación Educación Católica.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi informada pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado San José de Lugo a favor da Fundación Educación Católica con tódolos dereitos e obrigas contraídas polo cesionista Misioneras Siervas de San José, sen prexuízo das responsabilidades que pui

desen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

5267