Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación de servicios de consultoría e asistencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios de consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: realización duha campaña publicitaria promocional do producto galego de calidade mexillón de Galicia.

c) División por lotes e número: non existen lotes.

d) Lugar de execución: totalidade do territorio español.

Prazo de execución: desde o día 15 de setembro de 1998 ata como límite máximo o 31 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: oitenta millóns de pesetas (80.000.000 de ptas.), de acordo coa siguiente distribución por anualidades:

Exercicio corrente (1998): 45.000.000 de ptas.

Exercicio futuro(ano de imputación: 1999): 35.000.000 de ptas.

5. Garantías: provisional 1.600.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (rúa do Sar, 75, 15702, Santiago de Compostela; Teléf. 981 54 63 04, fax 981 54 62 90; ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación, grupo III, subgrupo 3, categoría D.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do día 20 de xullo de 1998.

b) Documentación a presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704, Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no Art. 100 do RXCE.

d)Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións: na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 7 de agosto de 1998.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados

5677