Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 1998 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación, mediante tramitación urxente, da asistencia para a redacción do proxecto básico de arquitectura para as obras cafetería-bar-comedor, hotel Stella Maris, urbanización, infraestructuras, servicios e adecuación do contorno, equipamento e instalación de talasoterapia, nas illas de San Simón e Santo Antonio, en Redondela (Pontevedra).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-la convocatoria da contratación, mediante concurso aberto e trámite de urxencia da asistencia que se cita:

1. Obxecto: contratación de asistencia para redacción do proxecto básico de arquitectura para as obras de cafetería-bar-comedor, hotel Stella Maris, urbanización, infraestructuras, servicios e adecuación do contorno, equipamento e instalacións de talasoterapia, nas illas de San Simón e Santo Antonio, en Redondela (Pontevedra).

2. Orzamento de licitación: 6.710.000 ptas. (seis millóns setecentas dez mil pesetas), IVE incluído.

3. Garantía definitiva: dispensada de acordo co artigo 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. Prazo de execución: 3 meses

5. Clasificación requirida: non se esixe.

6. Exposición do prego de cláusulas: o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación das proposicións, sita na praza de Mazarelos 15, Santiago de Compostela.

7. Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día hábil.

8. Lugar de presentación das proposicións: as proposicións terán que presentarse, indistintamente, no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo, situado na praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, no da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, situado na planta segunda do edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ou no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, e se a presentación fose en sábado farase neste último exclusivamente, desde as 9 horas ata as 14 horas, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, tendo que aterse ó disposto na cláusula 5.1ª, do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Documentación que deben presenta-los lici

tadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

10. Apertura de proposicións: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, ás 12 horas do día 10 de xullo de 1998.

11. Información adicional: a solvencia e capacidade técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 5.2ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5326