Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, con trámite de urxencia, as seguintes contratacións: obra para a realización dos traballos previos á restauración do viaducto Madrid en Redondela (Pontevedra) e servicio de restauración de diversos retablos da catedral de Tui, 5 lotes (Pontevedra).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as seguintes contratacións:

-Obra para a realización dos traballos previos á restauración do viaducto Madrid en Redondela (Pontevedra):

Orzamento de licitación: 36.377.961 ptas. (vinteseis millóns trescentas setenta e sete mil novecentas sesenta e unha pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: grupo B, subgrupo 4, categoría d.

-Servicio de restauración de diversos retábulos da catedral de Tui (Pontevedra):

* Lote I: restauración do retábulo de San Telmo, capela de San Telmo

Orzamento de licitación: 3.628.135 ptas. (tres millóns seiscentas vinteoito mil cento trinta e cinco pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Garantía provisional: 72.563 ptas.

* Lote II: restauración do retábulo da Virxe do Carme, capela de San Telmo.

Orzamento de licitación: 2.152.800 ptas. (dous millóns cento cincuenta e dúas mil oitocentas pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Garantía provisional: 43.056 ptas.

* Lote III: restauración do retábulo da Virxe da Soidade.

Orzamento de licitación: 2.558.400 ptas. (dous millóns cincocentas cincuenta e oito mil catrocentas pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Garantía provisional: 51.168 ptas.

* Lote IV: restauración do retábulo da Virxe da Expectación.

Orzamento de licitación: 4.118.400 ptas. (catro millóns cento dezaoito mil catrocentas pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Garantía provisional: 82.368 ptas.

* Lote V: restauración do retábulo da Inmaculada, capela de San Telmo.

Orzamento de licitación: 2.433.600 ptas. (dous millóns catrocentas trinta e tres mil seiscentas pesetas), IVE incluído.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Garantía provisional: 48.672 ptas.

-Exposición da documentación: o proxecto técnico, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, os licitadores que concorran a máis dun lote da segunda contratación; soamente a documentación xeral (sobre A) poderá ser común para tódolos lotes ós que se opten.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

5751