Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1998, de Delegación territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo), pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de consultoría e asistencia consistente no servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

1. Órgano de contratación: Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro-Viveiro (Lugo).

2. Obxecto do contrato: servicio de coidado, control, seguimento e información das zonas marisqueiras da costa lucense.

Nº expte: LU-1/1998.

3. Orzamento de licitación: dez millóns catrocentas mil pesetas (10.400.000 ptas.) IVE incluído.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Prazo de execución: seis meses comprendidos entre a data do asinamento do contrato e o 31 de

decembro de 1998, sen prexuízo do establecido no artigo 72.2º c) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

6. Procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, trámite de urxencia.

7. Clasificación do contratista: non se esixe.

8. Obtención de documentación e información:

a) Lugares:

-Dirección Xeral de Recursos Mariños, edificio administrativo San Caetano, nº 5, 2º, Santiago de Compostela. Tfno: 981 54 40 69, fax: 981 54 50 25.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña: r/ Ramón y Cajal, nº 1, 5º (Casa do Mar), 15006 A Coruña. Tfno: 981 18 20 01, fax: 981 18 20 27.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo: r/ Palma, nº 4, 36202 Vigo (Pontevedra). Tfno: 986 81 71 09, fax: 986 81 71 02.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro: Avda/ Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro (Lugo). Tfno: 982 55 17 69, fax: 982 55 17 68.

b) Data: tódolos días laborables excepto sábados, de 9 a 14 horas, ata o último día de presentación das proposicións.

9. Presentación de ofertas:

a) Lugar: no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Avda/ Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro) ou por calquera dos modos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 982 55 17 68 ou telegrama, no mesmo día.

b) Prazo: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

c) Documentación que debe presentarse: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares .

10. Apertura das ofertas: ás 12 horas do terceiro día hábil, que non sexa sábado, contado desde o día seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Celeiro (Avda/ Ramón Canosa, s/n, 27863 Celeiro-Viveiro).

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Celeiro-Viveiro, 5 de xuño de 1998.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Celeiro-Viveiro (Lugo)

5090