Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/109-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Sub. a 15/20 kV C.T. Birloque, 48, que se vai instalar, de 400 kVA.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 335 m con orixe na liña San Cristovo-Continente (expediente 35018) e final no C.T. que se vai instalar Birloque, 48. Centro de transformación, tipo interior, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Birloque, 48. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 7 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4667