Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/43-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Luci.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 252 m de lonxitude, con orixe na liña Padrón-Iria-Ponte Ulla, derivacións a C.T. Ramallosa e final no C.T. Luci, que se vai instalar. Centro de transformación intemperie, sobre apoio de formigón de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Luci, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 370 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 7 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4654