Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 99/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 30 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171, de A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumbres de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 15 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Ansede (expediente 30010) e final no C.T. Agras-Ponto, a instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de

15/0,380-0,220 kV en Agras-Ponto, do que parte unha rede de baixa tensión sobre apoios de formigón

e conductor R.Z. de 350 m de lonxitude. Narón (expediente 99/1998).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Agras-Ponto.

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na realción anexa, ós que se lles prectica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderá rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; examia-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), Praza de Luís Seoane, s/n 15071 A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade con artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 6 de maio de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/98 Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T. e R.B.T. Agras-PontoConcello: Narón

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1AgrasLaborUbaldo Pita CouceAs Agras, 34, 15403 NarónLAT30

2AgrasLaborLuciano González PérezEstrada de Castilla, 661, 15403 NarónœC.T.39134

3AgrasLaborManuel García LópezCamiño de Feal, 5, 15403 NarónœC.T.3LAT20

4668