Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1998, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, da adquisición de material de laboratorio e de radioloxía para consumo e reposición nos distintos centros dependentes desta xerencia. (C.P. 2/1998).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron dele

gadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111 do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de material de laboratorio e de radioloxía para consumo e reposición nos distintos centros dependentes desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias. C.P. 2/1998.

Orzamento: máximo autorizado de dezasete millóns seiscentas corenta mil cincuenta pesetas, (17.640.050 ptas.), IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: desde o asinamento do contrato ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: non se admitirá presentación de variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza do Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono 982 29 63 29 e 982 29 62 19; fax 982 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: 2% do orzamento máximo.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II .

Criteros de adxudicación:

Prezo: 11 puntos.

Calidade: 9 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá de xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, apartado c) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu apartado 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax 982 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo

100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 2 de xuño de 1998.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo

5249