A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) convoca o seguinte concurso:
Expediente 37/98:
1. Obxecto: adquisición de filtros para o aire acondicionado e manta sintética.
2. Orzamento: 2.650.230 ptas, IVE incluído.
3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.
4. Admisión de variantes: admitiranse como máximo unha variante por producto.
5. Garantía provisional: 2% de cada un dos lotes os que se licite.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.
7. Clasificación: non se esixe.
8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da
Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).
9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/95, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. (BOE nº 119 do 19 de maio).
10. Criterios de adxudicación:
Prezo: ata 5 puntos.
Calidade: ata 3 puntos.
Funcionalidade : ata 2 puntos.
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono 986 81 60 23 e fax 986 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicions: a apertura das proposicions admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral as 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.
Vigo, 27 de maio de 1998.
P.A.
Ignacio Acosta Crespo
Director médico
5649