Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Concello de Bergondo, en sesión plenaria celebrada o día 6 de marzo de 1998, aprobou as bases que rexerán a convocatoria para cubrir en propiedade dúas prazas de funcionarios corrrespondentes a arquitecto técnico e auxiliar administrativo, de Administración xeral, vacantes no cadro de persoal incluído na oferta de emprego público para 1997.

As referidas bases foron publicadas, integramente, no BOP nº 93, do 25 de abril de 1998 e nº 108, do 14 de maio de 1998. De conformidade co disposto nelas, establécese un prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado para a presentación de instancias en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que se formalizarán no modelo facilitado nas oficinas municipais e deberán ir acompañadas da documentación indicada nas bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Bergondo, 15 de maio de 1998.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente

5146