Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, mediante concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servicio de traslado e xestión do arquivo pasivo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88 do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación urxente, mediante concurso, do servicio de traslado e xestión do arquivo pasivo.

Obxecto e orzamento:

Lote nº 1: traslado do arquivo pasivo e depuración do arquivo activo, por un orzamento máximo de 1.873.000 ptas. (IVE incluído).

Lote nº 2: xestión do arquivo pasivo, por un orzamento máximo de 5.460.00 ptas. (IVE incluído) para un período de 6 meses, (orzamento máximo mensual de 910.000 ptas. (IVE incluído).

Prazo de execución:

Lote nº 1: establécese un prazo de execución de dous meses.

Lote nº 2: inmediato desde o asinamento do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n, 27004 Lugo. Tfno. 982 29 65 52 e fax 982 21 29 24.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de trinta e sete mil catrocentas sesenta pesetas (37.460 ptas.) para o lote nº 1, cento nove mil duascentas pesetas (109.200 ptas.) para o lote nº 2, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Calidade do proxecto técnico presentado valorándose: elementos e instalacións empregadas, fiabilidade do sistema, facilidade de implantación actual e futura, tempo de resposta.

* Ata 5 puntos.

* Prezo, ata 4 puntos.

* Prazo de execución, ata 3 puntos.

* Experiencia demostrada documentalmente en traballos relacionados con esta actividade noutros centros hospitalarios, ata 2 puntos.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 20 de abril de 1998.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

5648