Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación do servicio para o tratamento contra a procesionaria do piñeiro en 4.200 hectáreas de piñeiral na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación do servicio para o tratamento da procesionaria en 4.200 hectáreas de piñeiral na Comunidade Autónoma de Galicia.

2.2. Prazo de execución: dous meses desde o asinamento do contrato.

3. Orzamento base de licitación:

Importe total: 25.140.289 ptas. IVE incluído.

4. Fianza provisional: 2% do orzamento da contrata (502.806 ptas.).

5. Fianza definitiva: 4% do orzamento da contrata (1.005.612 ptas.).

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

7.2. Información:

a) Teléfono: 981 54 17 49.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García Tuñón

Secretario xeral de Medio Ambiente

5647