Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 17 de xuño de 1998 Páx. 6.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998 pola que se anuncia a licitación de asistencia técnica para a elaboración dun plan de reestructuración do transporte regular de viaxeiros por estrada na Comunidade de Galicia, polo procedemento aberto de concurso.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a elaboración dun plan de reestructuración do transporte regular de viaxeiros por estrada na comunidade de Galicia.

b) Prazo de execución : oito (8) meses.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo autorizado 51.500.000 ptas.

5. Garantías: provisional 1.030.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: os pregos de clásulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidade: nas delegacións provinciais da CPTOPV ou na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non é necesaria.

b) Outros requisitos: a solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional acreditarase segundo o establecido no apartado F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natu

ral, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse polo correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, c/ San Caetano s/n. Santiago de Compostela, 15071.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme ó modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5676