Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (335/1997).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 17 de abril de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Desestima-la alegación presentada por José Fernández Fernández con base nos informes que constan no expediente E.

Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación da unidade reparcelable na zona 17 do SU-44, entre as rúas Río Navea e Alexandre Pedrosa promovido polo Concello de Ourense.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de maio de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5606