Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do estudio de detalle da U.A. 4 canteira (expediente 3571/411).

O Consello da Xerencia de Urbanismo, en sesión do 15 de maio de 1998, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 4 Canteira, formulado pola entidade Consejeros Económicos, S.L. conforme a documentación presentada coa data do 23 de marzo de 1995 e 28 de febreiro de 1998 e redactada polo arqutiecto Xosé A. Comesaña García, someténdoo a información pública na forma prevista no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, polo prazo dun mes mediante a iserción de anuncios no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento e signifícase que o trámite de información pública se entenderá aberto desde o día da publicación do primeiro anuncio ata trascorrido un mes da última.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa Consistorial).

Vigo, 1 de xuño de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo de Vigo

5147