Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (140/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada con data do 30 de abril adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente por petición de Eladio Vázquez Rodríguez o proxecto de urbanización da zona 10 B do SU-32 do PXOU de Ourense, logo de constitución de garantía polo importe de trinta e un millóns de pesetas, (31.000.000 de ptas.) para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas de edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992 do 26 de novembro.

Ourense, 8 de maio de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5073