Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (248/1997).

O Concello Pleno, en sesións ordinarias dos días 12 de decembro de 1997 e 16 de febreiro de 1998, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

1. Estimar parcialmente a alegación presentada por Lorena Reverter Sánchez en representación de Almacéns Reverter, S.A.; no sentido de modifica-lo artigo 37 dos estatutos, proponse a seguinte redacción: os acordos dos órganos de xestión e administración da entidade urbanística, tomados dentro das súas respectivas atribucións, serán executivos sempre que se adopten conforme o establecido nos presentes estatutos e demais normas aplicables, sen prexuízo dos recursos e accións que procedan.

Contra os acordos dos órganos sociais caberá recurso ordinario ante o concello. O recurso poderá ser interposto por calquera asociado que non votase a favor no prazo dun mes.

E desestima-la alegación no seu punto segundo, relativo a criterios de valoración toda vez que na base 7º se limita a sinalar criterios de valoración, remitiéndose os coeficientes do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense que nos recollidos na ordenanza 4.2, nos que se distingue entre o uso residencial (vivendas) e o industrial, polo que, no seu momento, se terá en conta o uso das edificacións que se van demoler.

Aprobar definitivamente os estatutos e bases de actuación, para a xunta de compensación do polígono 2 do SU-21 sendo competente para tal aprobación o Pleno do Concello por maioría simple.

Nomear representante do concello o concelleiro de Urbanismo, Julio Fernández Díaz Salcedo.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativa a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte ó da presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderanse utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 20 de abril de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5041