Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES específicas da convocatoria para a provisión, en propiedade, de oito prazas de gardas da policía local.

Primeira.-Número, denominación e características.

Oito prazas encadradas na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local e os seus auxiliares, pertencentes ó grupo D, consonte o disposto no artigo 25 da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación de policías locais.

Segunda.-Sistema de provisión.

Oposición en quenda libre.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Os que se determinan nas bases xerais. Deberán reunir, ademais, os/as aspirantes as seguintes:

* Non pasar de 30 anos.

* Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de primeiro grado ou equivalente.

* Ser titular dos permisos de conducir das clases A-2 (ou novo A), e B-1 (ou novo B).

* A altura mínima esixida será de 1,70 metros para os aspirantes masculinos e de 1,65 metros para os aspirantes femininos.

* Superar un recoñecemento médico no que se desestimarán os aspirantes que padezan enfermidades que lles impidan o desenvolvemento do seu traballo.

* Presentar unha declaración xurada e por escrito do seu compromiso a portar armas e, de se-lo caso, chegar a utilizalas.

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

Previsto na norma 3.1 das bases xerais para a provisión das prazas da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997.

Quinta.-Dereitos de exame.

Serán de 1.000 pesetas, quedando exonerados do seu aboamento os que acrediten, mediante certificado do INEM, encontrarse na situación de desemprego.

Sexta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído por:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o do concello ou quen legalmente o substitúa.

Vocais: un ou unha representante da Xunta de Galicia.

Un ou unha representante da Xefatura Provincial de Tráfico.

Dous ou dúas representantes da Xunta de Persoal do concello.

Un ou unha funcionario/a de carreira designado pola alcaldía.

Sétima.-Probas selectivas.

1ª. De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na superación dun test de personalidade encamiñado a determinar se o/a aspirante reúne os requisitos de actitude persoal necesarios para o desempeño da función policial. A valoración será de apto ou non apto.

2ª. De carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización e superación das seguintes probas físicas:

* 1ª proba: salto de altura con listón a 1,30 metros, para os aspirantes masculinos, e a 1,15 metros para os femininos. Permitiranse dous intentos.

* 2ª proba: salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 4 metros para os homes e 3,50 metros para as mulleres. Permitiranse dous intentos.

* 3ª proba: gabear unha corda de 5 metros nun tempo máximo de 40 segundos.

* 4ª proba: carreira de 100 metros lisos nun tempo máximo de 14,5 segundos os homes e 16 segundos as mulleres.

* 5ª proba: carreira de 3.200 metros lisos nun tempo máximo de 15 minutos para os homes. E carreira de 2.000 metros lisos nun tempo máximo de 11 minutos para as mulleres.

* 6ª proba: natación, a estilo libre, de cincuenta metros, nun máximo de 55 segundos, os homes, e 60 segundos, as mulleres.

A cualificación será de apto un non apto.

3ª. Consistirá en contestar a unha batería de 76 preguntas curtas, referidas ós temas do programa anexo I, nun tempo máximo dunha hora e trinta minu

tos. As preguntas serán elaboradas polo tribunal inmediatamente antes da proba, escolléndose 76, por sorteo, dun cuestionario de 100, e tendo en conta que a metade das preguntas serán da parte xeral do temario (temas 1 ó 10) e a outra metade da especial (temas 11 ó 22).

4ª. Consistirá na realización dunha traducción do castelán para o galego dun texto que se escollerá dun documento dun expediente administrativo do concello, nun tempo máximo dunha hora. Valorarase a corrección gramatical e ortográfica do texto así como identidade deste co facilitado polo tribunal.

5ª. Consistirá na redacción de dous partes a un superior sobre dous supostos que sinale o tribunal, relacionado coas tarefas da policía local e nun tempo máximo dunha hora.

As probas terceira, cuarta e quinta cualificaranse de 0 a 10 puntos, tendo que obter cada aspirante un mínimo de cinco puntos en cada unha delas para acceder á seguinte proba.

Oitava.-Curso de formación.

Logo de supera-las probas, os/as aspirantes propostos/as polo tribunal serán nomeados funcionarios/as en prácticas, no momento no que dea comezo o curso obrigatorio de formación teórico práctica na Academia Galega de Seguridade, nas condicións que regulamentariamente se determinen.

Durante o período de permanencia no curso de formación na academia galega, os aspirantes percibirán con cargo ó orzamento da corporación, as retribucións que a normativa vixente establece para os funcionarios en prácticas.

O nomeamento como funcionarios/as de carreira producirase logo de supera-lo curso de formación.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

ANEXO

TEMARIO

Tema 1. A Constitución española de 1978: características. Estructura. Contido. Principios xerais.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 3. O Goberno: concepto. Integración. Cesamento. Responsabilidade. Funcións. Deberes. Regulamentación.

Tema 4. O Estado das autonomías: principios. Características. Estatuto de autonomía: elaboración. Contido. Reforma. Enumeración das comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia: características. Estructura e contido.

Tema 5. As institucións galegas: o Parlamento. A Xunta de Galicia.

Tema 6. O réxime local español: principios constitucionais e regulamentación xurídica.

Tema 7. Organización municipal: concepto. Clases de órganos. Estudio de cada un dos órganos. Competencias: conceptos e clases. Lexislación española. Regulamento orgánico do Concello de Ferrol.

Tema 8. A función pública local: ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios propios das corporacións. Adqusición e perda da condición de funcionario. Situacións na que poden atoparse. A oferta de emprego público e as relacións de postos de traballo.

Tema 9. A Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade.

Tema 10. A Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais e disposicións concordantes.

Tema 11. A Lei 18/1989, do 25 de xullo, de bases sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial. O Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial.

Tema 12. Normas xerais de circulación. Detencións e estacionamento. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 13. Disposicións xerais sobre circulación. Sentido de circulación. Preferencia de paso. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores.

Tema 14. Circulación de automóbiles: clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Os servicios públicos de viaxeiros. Circulación de tractores agrícolas. Circulación de animais e vehículos de tracción animal.

Tema 15. Iluminación de sinalización óptica de vehículos. Clasificación, descrición e utilización.

Tema 16. Permisos de conducción: concepto e clases. Facultades que confiren.

Tema 17. Denuncias por infraccións en materias de circulación. Procedemento sancionador. Inciación, desenvolvemento e terminación. Retirada de vehículos da vía pública. Retirada do permiso de conducción.

Tema 18. Sinais de circulación. Concepto e características.

Tema 19. Tráfico e policía local: organización e misións. Servicios. Regulación de tráfico. Denuncia de infraccións. Investigacións de accidentes. Atestados.

Tema 20. A seguridade cidadá: idea xeral. A Lei orgánica 1/1991, do 1 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Tema 21. Delictos e faltas: concepto e clases. Penas. Competencia para o seu axuizamento e procedementos.

Tema 22. Ordenanzas municipais. Ordenanza municipal de tráfico do Concello de Ferrol. Protección do medio ambiente, ruídos e vibracións. Ordenanza de normalización lingüística.

5040