Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

BASES específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, en propiedade e pola quenda de promoción interna, dunha praza de cabo do servicio de extinción de incendios.

Primeira.-Número de prazas. Unha praza de cabo do servicio de bombeiros, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clasificada no grupo D.

Segunda.-Sistema de provisión. Promoción interna, por concurso-oposición.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes. Pertencer ó corpo de bombeiros deste concello na categoría de bombeiro cunha antigüidade mínima de dous anos.

Cuarta.-Prazo de presentación de instancias.

Previsto na norma 3.1 das bases xerais para a provisión de prazas da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997. Coa instancia deben achegar os interesados, inescusablemente, un currículum dos méritos profesionais e de formación a que se fai referencia no baremo de méritos da convocatoria, e así como os documentos acreditativos (orixinais ou fotocopias compulsadas) de reuni-los requsitos establecidos na base 3ª.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído por:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario/a: o do concello ou oficial maior por suplencia de aquel.

Vocais: un ou unha representante da Xunta de Galicia.

Un ou unha representante da Academia Galega de Seguridade.

Dous ou dúas represenantes da Xunta de Persoal.

Un funcionario ó servicio doutra Administración local.

Sexta.-Probas selectivas.

Fase de concurso.

A puntuación obtida nesta fase non poderá supera-lo 30 % da puntuación total.

Valorarase:

1. 0,2 puntos por cada ano de servicios prestados na Administración ata un máximo de 2 puntos no posto de bombeiro.

2. Curso de inicación á lingua galega: 0,25 puntos.

Curso de perfeccionamento da lingua galega: 0,50 puntos. (Non poderán ser acumulados).

3. Cursos que teñan relación coas tarefas a desenvolver como bombeiro:

Estes cursos terán que estar avalados por un organismo público e puntuaranse da seguinte maneira:

* 0,10 puntos por cursos de duración de 0 a 15 horas.

* 0,20 puntos por cursos de duración de 16 a 25 horas.

* 0,30 puntos por cursos de duración de 26 a 35 horas.

* 0,40 puntos por cursos de duración de máis de 35 horas.

A puntuación máxima neste apartado será de 1 punto.

Fase de oposición.

A puntuación obtida nesta fase non poderá super-lo 70% da puntuación total.

Consta de 3 partes, de carácter eliminatorio, tendo que obter os aspirantes un mínimo de 5 puntos (na escala de 1 a 10) en cada unha delas. O tribunal fará a proposta de cada unha das probas inmediatamente antes de celebrárense:

1. Contestación a unha batería de 75 preguntas en relación co temario que se xunta nesta convocatoria nun tempo máximo dunha hora.

2. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado coas tarefas a desenvolver por un cabo de bombeiros nun tempo máximo dunha hora.

3. Consistirá en realizar unha traducción ó galego dun texto en castelán facilitado polo tribunal, nun tempo máximo dunha hora.

Ferrol, 1 de abril de 1998.

O alcalde accidental

Rubricado

ANEXO

TEMARIO

Tema 1. Regulamento orgánico do Concello de Ferrol.

Tema 2. Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Ferrol.

Tema 3. A Función pública local: ideas xerais. Concepto de funcionario. Clases. Organización da función pública local: órganos e grupos que a integran. Funcionarios con habilitación de carácter nacional. Funcionarios propios das corporacións. Adqusición e perda da condición de funcionario. Situacións na que poden atoparse. A oferta de emprego público e as relacións de postos de traballo.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Dereitos. Deberes. Réxime disciplinario. Dereitos de sindicación.

Tema 5. Transporte de mercadorías perigosas. Actuación inmediata en caso de sinistro.

Tema 6. Natureza do lume: combustión. Tipos da combustión. Resultados da combustión. Triángulo e tetraedro do lume. Mecanismos de extinción. Clasificación dos lumes. Características dos combustibles líquidos. Causas máis frecuentes dos incendios.

Tema 7. Axentes extintores gasosos: nitróxeno; anhídrido carbónico; hidrocarburos aloxenados.

Tema 8. Axentes extintores líquidos: hidrocarburos aloxenados; auga; espumas.

Tema 9. Axentes extintores sólidos: producto químico seco a base de bicarbonado sódico. Productos químicos secos a base de bicarbonato potásico. Producto químico seco a base de carbonato potásico e urea. Producto químico seco a base de cloruro potásico. Producto químico seco a base de fosfato amónico. Sal ou grafito granulado.

Tema 10. Auga: redes, equipos e técnicas. Redes de auga. Lanzas, tipos de boquillas. Monitores; mangueiras; racores e adaptadores. Métodos de aplicación da auga. Técnicas de extinción. Xeneralidades sobre o proceso na arte de matar unha lumeira.

Tema 11. Espumas: concepto. Espumas de baixa expansión; espumas de media e alta expansión. Como se obteñen. Densidade de aplicación da espuma. Técnicas de aplicación; equipos; concentración da espuma a utilizar; almacenamento.

Tema 12. Sistemas portátiles de extincion: extintores. Defincións. Clasificacións. Criterios de calidade. Perigos de emprego. Presentación dos extintores. Clasificación das áreas a protexer. Elección de axente extintor. Emprazamentos dos extintores móbiles. Distribución dos extintores móbiles. Verificación e mantemento. Adestramento do persoal. Clasificación dos extintores segundo o axente extintor. Técnicas de extinción.

Tema 13. Equipos especiais: equipos de axente dobre. Lanza de penetración. Conexión universal. Válvula portátil. Formador de cortina. Motobombas portátiles. Turbobomba. Equipos autónomos.

Tema 14. Instalacións fixas: sistemas de detección e alarma. Sistema de extinción por CO2. Sistemas de extinción por Halón 1301. Sistemas de extinción por po. Sistemas de extinción por espumas.

Tema 15. Protección pasiva: concepto. Descrición dos sistemas de protección pasiva. Casos especiais en aplicacións industriais.

Tema 16. Equipos de respiración. Equipos dependentes do medio ambiente e equipos autónomos.

Tema 17. Equipos de protección persoal. Elementos imprescindibles do bombeiro.

Tema 18. Rede de auga do Concello de Ferrol. Localización das bocas de riego. Válvulas de peche xerais.

5100