Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO de adxudicación por poxa, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a execución das obras de urbanización da rúa Condes de Andrade.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o pasado vinteún de maio, aprobou os pregos de cláusulas administrativas de conformidade co parágrafo 2º do artigo 122 do Real decreto ley 781/1986, do 18 de abril. A exposición dos devanditos pregos e os anuncios para a presentación de proposicións fanse en unidade de acto, podendo presentarse reclamacións contra os pregos durante os 8 días hábiles seguintes á publicación dos anuncios.

Entidade adxudicataria: Concello de Culleredo.

Obxecto do contrato: urbanización rúa Condes de Andrade.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

Orzamento: 47.926.661 ptas.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Garantía definitiva: 4% do orzamento.

Obtención de documentos e información: Concello de Culleredo.

Domicilio: Rúa do Concello-Tarrío-Culleredo.

Localidade: Culleredo (A Coruña) 15189.

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

Presentación de ofertas: trece días naturais, contados a partir do derradeiro anuncio. (BOP ou DOG).

Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 1 de xuño de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

5099