Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 13 de maio do ano que andamos, acordou aprobar

definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 1-B das normas subsidiarias municipais, presentado por Anjoca, S.L., e que redactaron os arquitectos Jaime Martínez Molina e Ignacio Ferreiro González.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se lle deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 26 de maio de 1998.

Augusto Rey Moreno

Alcalde en funcións

5585