Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1998, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público plurianual para a adquisición de placas radiolóxicas e arrendamento de equipamento de radioloxía. (Expediente 27/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso:

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, Servicio de Subministracións, estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña). Teléfono 981 33 40 32. Fax 981 33 40 84.

2. Modalidade de adxudicación: concurso, procedemento aberto e ordinario.

3.a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración.

b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV:

Expediente: CP 27/1998.

Título: adquisición de placas radiolóxicas e arrendamento do equipamento de radioloxía.

Importe total: 84.121.230 pesetas. (IVE incluído).

c) División en lotes: nun único lote, que incluirá: a adquisición das placas e material que figura no anexo de estructura da subministración; o arrendamento de dous equipos luz/día de gran capacidade, un equipo láser (modelo química seca), rede local de tratamento de imaxes con capacidade para conectar múltiples equipos, 100 chasis para película xeral, mamografía e ecografía de tamaños habituais, que escollerá o hospital.

4. Prazo de entrega: segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.

5. a) Solicitude da documentación: véxase o punto 3.a).

b) Data límite de solicitude: 13 de xullo de 1998.

6. a) Data límite de recepción das proposicións: ás 14 horas do día 20 de xullo de 1998.

b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.

c) Idiomas: castelán e galego.

7. a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, na sala de xuntas, ás 10 horas do día 30 de xullo de 1998.

8. Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación, 1.682.425 pesetas.

9. Modalidades de financiamento e pagamento: no caso da adquisición de placas e material radiolóxico, por cada remesa do material e sucesivas. No caso do arrendamento do equipamento necesario, mediante pagamentos periódicos a mensualidades vencidas.

10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no apartado 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información adicional: véxase o punto 1.

Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro do 2001.

16. Data de publicación do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data de envío do anuncio: 29 de maio de 1998.

18. Data de recepción do anuncio:

Ferrol, 22 de maio de 1998.

Javier Jiménez Ferreres

Director médico do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol

5620