Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes A Mina e outros, pertencentes á parroquia de Castrelos do concello de Vigo.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión

que tivo lugar o día 11 de febreiro de 1992, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:

Concello: Vigo.

Parroquia: Castrelos.

Nome do monte: A Mina.

Cabida: 4,5 ha.

Lindes:-Norte: estrada Camiño de Galindra e particulares.-Sur: particulares e camiño.-Leste: camiño de Galindra e particulares.-Oeste: particulares.

Nome do monte: A Serra.

Cabida: 3,5 ha. Superficie amolloada: 2,6 ha.

Lindes:-Norte: particulares e monte comunal pertencente á parroquia de Sárdoma.-Sur: estrada e camiño.-Leste: camiño e monte comunal pertencente á parroquia de Sárdoma.-Oeste: particulares e estrada Camiño Monte da Serra

Nome do monte: Outeiro.

Cabida: 0,6 ha.

Lindes:-Norte: estrada.-Sur: particulares.-Leste: particulares.-Oeste: camiño.

Nome do monte: Porto Loureiro.

Cabida: 0,1 ha.

Lindes:-Norte: particulares.-Sur: particulares.-Leste: particulares.-Oeste: pista.

Nome do monte: As Barallas.

Cabida: 0,4 ha.

Lindes:-Norte: particulares.-Sur: particulares.-Leste: particulares.-Oeste: particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución de dita lei.

Pontevedra, 25 de maio de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

5229