Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.704

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-263/97 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 27 de maio de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: P-263/97.

Denunciado (Último enderezo coñecido): Agustín Pazos Martínez. Trav. de Vigo, 94-2º, Vigo.

Feito denunciado: pescar carecendo de licencia en época de veda, sendo sorprendido co cebo dentro da auga, o día 7 de outubro de 1997, no río Verdugo.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º e 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 55.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.

5363