Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1998 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da subministración consistente na confección e elaboración de títulos de propiedade resultantes da concentración parcelaria e impresos referentes ó proceso.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección xeral de Desenvolvemento Rural.

c) Número de expediente: 98/09/1025.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: confección e elaboración de títulos de propiedade resultantes da concentración parcelaria e impresos referentes á proceso, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Número de unidades que hai que entregar: detállase a descrición dos traballos, nº de unidades e

características técnicas no anexo nº 1 que forma parte do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, A Coruña.

e) Prazo de execución: cinco (5) meses, contados desde a data de asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns oitocentas setenta e dúas mil catrocentas corenta e cinco pesetas (9.872.445 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: cento noventa e sete mil catrocentas corenta e nove pesetas (197.449 ptas.).

Definitiva: trescentas noventa e catro mil oitocentas noventa e oito pesetas (394.898 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domiciliio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade é código postal: Santiago de Compostela 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 09.

e) Telefax: 981 54 57 53.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 15 de xullo de 1998.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroa

limentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade; Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 21 de xullo de 1998.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

5362