Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Trabazón.
Situación: O Irixo.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 1.404 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 6 da L.M.T. a Sidre e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Trabazón. R.B.T. aérea do C.T. de Trabazón con 130 metros en conductor R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 29 de abril de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
5622