Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.703

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/79-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Corcores.

Situación: Avión.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 400 metros de lonxitude, en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 68-638-7 tipo C-2.000 da L.M.T. existente ó C.T. a retirar de Corcores e remate no C.T. aéreo proxectado con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Corcores. R.B.T. aérea do C.T. de Corcores con 1.825 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4495