Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/99-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Forriolo-Verea.

Situación: Verea, A Bola.

Descricións técnicas: 4 liñas aéreas a 20 kV en conductor tipo LA-56. 1ª: de 3.157 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 213 da L.M.T. de Sub. Celanova a Bande e remate no C.T. de Aveleda. 2ª: de 78 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 3 da L.M.T. a C.T. de Aveleda e remate no C.T.C. de Verea. 3ª: de 969 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 107 da L.M.T. a C.T. de Forriolo e remate no C.T. con 50 kVA, 20.000/380-220 V de Cerdanela. 4ª: de 2.510 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 247 da L.M.T. de Sub. Celanova a Bande e remate no apoio nº 119 da L.M.T. Forriolo-Sorga. R.B.T. aérea do C.T.A. de Cerdanela, con 345 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de abril de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

4496