Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/196-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo 171, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo de liña 66 kV Sub. Palmeira (liña Frinsa).

Situación: Ribeira (A Coruña).

Descricións técnicas: ampliación dun módulo de liña a 66 kV na subestación de Palmeira, denominado liña Frinsa consistente en: pórtico de estructura metálica soporte de embarrado, con conductor LA-455 (Cóndor), con aparamenta, interruptor, seccionadores de liña, barras, trafos de tensión e intensidade. Aparellaxe de telemando, sinalización, protección, control e medida.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4494