Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 16 de xuño de 1998 Páx. 6.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/78-2, 4964 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Sáenz Díez 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castrosante, Pousa, Lorente (A Pobra de Brollón).

Situación: A Pobra de Brollón.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV, de 77 metros de lonxitude, en conductor LA-56/54,6 mm. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión de 1.135 metros de lonxitude en conductor R.Z.-0,6/1 kV en Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 27 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4492