Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de procedemento aberto con forma de poxa de parcelas do polígono industrial de Sabón.

Obxecto: alleamento da parcela número 110-C do polígono industrial de Sabón para a instalación dunha industria.

A superficie, pendente de replanteo unha vez adxudicada provisionalmente a parcela, tipo de licitación e fianza provisional que vai depositar é a seguinte:

Parcela nº: 110-C.

Superficie: 5.759.02 m

Prezo: 20.156.570 ptas.

Fianza provisional: 403.131 ptas.

Garantía provisional: consiste no 2% do prezo de licitación, que será depositada na Sección de Patrimonio e Contratación (5ª planta do pazo provincial).

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: as plicas poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación no prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP.

Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Publícase anuncio máis extenso no BOP.

A Coruña, 1 de xuño de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario de Deputación Provincial da Coruña

5532