Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 15 de xuño de 1998 Páx. 6.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día trece de maio de mil novecentos noventa e oito, aprobou o expediente de expropiación forzosa, por taxación conxunta, do terreo destinado a equipamentos comunitarios en Dorneda.

De conformidade co artigo 219.2º do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, o dito expediente estará exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ás 13 horas, polo prazo dun mes, para efectos de presentación de observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros a dezaoito de maio do mil novecentos noventa e oito.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

5521